Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Alcalde felicita aos xogadores xuvenís...

O EQUIPO DE BALONMÁN ESTÁ ENTRE OS OITO MELLORES DE ESPAÑA

O Alcalde felicita aos xogadores xuvenís do Ifecgás Pereira Xiria e júnior do Club Baloncesto Artai polos seus logros deportivos

Venres 4 de maio do 2012

O Alcalde mostrou a súa satisfacción por poder recibir "a dúas entidades que practican o mesmo ideario, que é apostar pola escola de base e educar en valores sociais e deportivos". Tamén destacou o feito de, por primeira vez, recibir a equipos de distintas entidades e de distintas disciplinas deportivas, "o que fala moito en favor do Artai e das Escolas de Balonmán Xiria". Agradeceu aos xogadores o seu labor porque "representades a todos os carballeses e carballesas, e, no caso do balonmán, representades a Galicia". Pola súa banda, Joaquín Moreira, do Club Baloncesto Artai, explicou que a idea da recepción conxunta xurdiu de que os rapaces dos dous equipos estudan no mesmo instituto e adoitan a ser compañeiros. Fernando Vázquez, das Escolas de Balonmán Xiria, quixo expresar a súa "admiración" polo traballo dos xogadores e pola súa entrega, xa que "nos adestramentos da gusto velos". Por último, Ferrero quixo subliñar de novo a importancia de que "todos sexamos conscientes do que se está a facer no deporte en Carballo", e especialmente no deporte de base, xa que hai "moi poucos concellos do mesmo tamaño que teñan este nivel" e tendo en conta distintas disciplinas.

Compartir: