Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Descenso do Anllóns e o Concurso de...

INSCRICIÓNS: ATÉ O 20 DE XUÑO NO MUSEO DE BERGANTIÑOS

O Descenso do Anllóns e o Concurso de Cachelas 2012 reparten máis de 3.000 euros entre premios e subvencións

Martes 22 de maio do 2012

No que respecta ao Concurso de Cachelas, hai que mencionar que ás 20 primeiras inscritas que participen no Concurso e non resulten premiadas correspóndelles unha axuda de entre 20 e 50 euros, segundo determine o xurado en función da súa calidade. Se o xurado considera que a súa calidade non é suficiente poderán non ter dereito a esta axuda. A valoración das cachelas realizarase, antes da súa queima, entre as 19.00 e as 23.00 horas do día 23 de xuño. Para realizar a valoración das cachelas, o xurado terá en conta a orixinalidade do deseño e a súa elaboración (tamaño, materiais empregados, calidade da execución, etc.). As cachelas gañadoras recibirán os premios que se sinalan a continuación, podendo o xurado deixar deserto algún deles se o estima oportuno. Así mesmo o xurado poderá outorgar accésits por un valor de 90 euros se o considerase pertinente:

  • 1º Premio: 500 €
  • 2º Premio: 200 €
  • 3º Premio: 150 €
  • 4º Premio: 100 €

No Descenso do Anllóns, as normas indican que as embarcacións deberán estar construídas artesanalmente e poderán ser propulsadas por calquera medio (remo, vela, pedais, etc.), exceptuando a propulsión mecánica a motor. Os participantes deberán percorrer o tramo do Río Anllóns comprendido entre o inicio do Bosque do Añón (Ponte de Bértoa) e o Parque do Anllóns, tendo en conta que, dado o baixo nivel da auga nalgunhas zonas do río, algúns tramos do percorrido deberán realizarse navegando e noutros a tripulación deberá transportar a embarcación. No circuíto haberá varias metas voantes e os participantes deberán efectuar varias probas de habilidade. O Descenso farase o día 25 de xuño a partir das 18.00 horas. As 25 primeiras embarcacións inscritas que finalicen o percorrido no tempo establecido, recibirán unha subvención por un importe de 20 euros. As embarcacións que cheguen á meta poderán recibir os premios que se sinalan a continuación, podendo o xurado deixar deserto algún deles se o estima oportuno. O xurado poderá outorgar accésits por un valor de 140 euros:
  • 1º Premio á embarcación máis orixinal: 200 € (Premio patrocinado pola cervexería A BOMBONERA)
  • 2º Premio á embarcación máis orixinal: 100 €
  • 1º Premio á tripulación máis simpática: 150 €
  • 2º Premio á tripulación máis simpática: 70 €
  • Premio ás probas de habilidade: 100 €
  • Premio á embarcación máis veloz: 100 €

A entrega das subvencións e dos premios de participación nesta convocatoria realizarase con posterioridade á celebración do Descenso.

Compartir: