Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Programa das Letras entra na súa recta...

MÉRCORES 23, VENRES 25 E SÁBADO 26 DE MAIO

O Programa das Letras entra na súa recta final con música de violíns, contacontos e encontros culturais

Mércores 23 de maio do 2012

Pero antes, o venres 25 e maio o Programa das Letras 2012 inclúe dúas citas relacionadas co teatro e coa literatura. No primeiro caso, a Ludoteca Municipal acolle a partires das 18.30 horas o contacontos "Bo rato cos ratos" de Títeres Cachirulo. A cita está incluída no programa Letras Vivas! da Xunta de Galicia e organizada polo Concello de Carballo. A entrada é de balde. No segundo caso, o salón de actos do 2º andar do Pazo da Cultura acolle a presentación do libro "Un mar de sensacións. Rutas e poemas para descubrir a Costa da Morte", de Xan Fernández Carrera e Rosalía Fernández Rial. A cita está organizada polo Seminario de Estudos Comarcais coa colaboración do Instituto de Estudos Bergantiñáns e o Concello de Carballo. A entrada é libre a partires das 21.00 horas. Os autores descreben "Un mar de sensacións" como unha viaxe, un roteiro sen desenlace nin punto de partida, e ao lector como unha persoa capaz de deter a realidade e soñar cartografías fantásticas. Trátase do libro dos exploradores que pescan imaxes oníricas. Alén do solpor. Na Costa da Morte. A presentación contará coas palabras de Xan Fernández. Acto seguido, o público navegará océanos de versos na compaña de Rosalía Fernández, autora da parte poética do libro, e de Mon Búa, guitarrista encargado da banda sonora. Os interesados e interesadas en consultar o Programa das Letras 2012 ao completo, poden facelo nun documento en pdf nesta mesma nova.

Compartir: