Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello e a Consellería de Traballo...

TRAMITACIÓN PARA HOMOLOGAR 15 NOVAS ESPECIALIDADES

O Concello e a Consellería de Traballo continúan cos contactos para axilizar a posta en marcha do Fórum Carballo

Mércores 23 de maio do 2012

Hai que lembrar que as especialidades formativas xa homologadas e que se poderán impartir no recinto do Fórum son: cociña, caldereiro industrial, deseñador web e multimedia, ebanista, soldador de estruturas metálicas, xefe de sala-maître, informática de usuario e cachoteiro. As quince que se están tramitando son: soldadura oxigás e mig/mag, montador de estruturas metálicas, soldadura con electrodo revestido e tig, operacións básicas de cociña, operacións básicas de restaurante-bar, servizos de bar e cafetería, control de proxectos e obras de construción, colocación de pedra natural, administración de servizos de Internet, programación de sistemas informáticos, instalación de mobles, montaxe de mobles e carpintaría, mantemento de elementos non estruturais de carrozaría de vehículos, operador auxiliar de montaxe de instalacións electrotécnicas e telecomunicacións en edificios e montaxe e mantemento de instalacións eléctricas de baixa tensión.

Respecto da proposta de acordo para o traslado á nave 2 do Fórum -non só do Servizo Galego de Colocación (que ocuparía a planta baixa), senón tamén das oficinas da Consellería de Medio Rural (que estarían no 1º andar) e da de Sanidade- recolle que a Xunta de Galicia tería dereito a ocupar un espazo no recinto do Fórum Carballo sen ter que abonar ningún tipo de aluguer e tan só asumindo os gastos de mantemento derivados da ocupación do edificio como auga, electricidade, teléfono e limpeza. Nun principio, o convenio tería unha vixencia de 20 anos, despois dos cales podería revisarse o acordo. O recinto Fórum Carballo conta cun total de cinco edificios dos que tres están destinados especificamente a acoller talleres formativos: as naves 3, 4 e 5. A 3 está reservada para os talleres de soldadura e pintura, módulos de electricidade e un taller de automoción. No edificio 4 atópanse as instalacións para o sector da hostalería e para os obradoiros de carpintaría de madeira e metálica, ademais de aulas e servizos asociados. Por último, no edificio 5 está a área dedicada á construción, cun espazo para o taller de canteiría, e unha aula de informática.

Compartir: