Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Trofeo Ciclista Concello de Carballo regresa...

SÁBADO 26 DE MAIO A PARTIRES DAS 15.30 HORAS

O Trofeo Ciclista Concello de Carballo regresa ás rúas da vila e contará coa participación de 150 corredores

Xoves 24 de maio do 2012

Respecto das características da carreira, Vanessa Loureiro subliña que a cita é "un referente" en toda Galicia, polo que cada ano participan os clubs máis relevantes. A cita principia ás 15.30 horas coa saída dos corredores júnior, que percorren 73,9 quilómetros polos concellos de Carballo e Coristanco; no caso das categorías escolas (principiantes, alevíns e infantís), a saída é ás 15.45 horas e o percorrido transcorre polas rúas Gran Vía, Avenida de Bergantiños, Vila de Corcubión, de novo Gran Vía, Doutor Fleming, Valle Inclán, Desiderio Varela e volta de novo á meta na Gran Vía; os cadetes saen ás 18.00 horas e percorren 35,6 quilómetros, tamén por Carballo e Coristanco; mentres que as femias realizan o mesmo percorrido que os cadetes saíndo á mesma hora pero cunha única volta de 16,6 quilómetros. A saída e chegada de todas as probas sitúase na Gran Vía á altura do Mercado Municipal. Vanessa Loureiro quixo agradecer a colaboración das nais e pais dos rapaces e rapazas do club que colaboran na organización da carreira, xa que nesta ocasión Protección Civil non pode participar ao celebrar os actos do seu 25 aniversario. Tamén está prevista a presenza da Garda Civil e da Policía Local.

Por último, a presidenta do Club Ciclista Carballo Placasa non quixo esquecerse dos patrocinadores, "moi importantes para nós", e ademais de agradecer a colaboración do Concello a través de Carballo Deporte, mencionou a Panadería Añón (que patrocina as metas volantes), Iglesias Informática, Beirasar, JGCar Automóviles, Carcopa, Construcciones y Excavaciones Alejandro Martínez e Hijos, Mirame, Alea Consultora, Todo Lar, Opticalia Enríquez, Alquileres Reneymar e Vipecon Galicia. Tamén colaboran a Federación Galega de Ciclismo, a Peña Ciclista Media Ducia, a Deputación da Coruña, a Xunta de Galicia a través da Consellería de Presidencia e a Fundación Deporte Galego.

Compartir: