Inicio Carballo ao día Hemeroteca Máis de 80 alumnos e alumnas do CEIP Fogar...

PERCORRERON A CASA CONSISTORIAL E FALARON CO ALCALDE

Máis de 80 alumnos e alumnas do CEIP Fogar coñecen de primeira man o funcionamento do Concello e da corporación carballesa

Venres 25 de maio do 2012

Durante a visita tamén houbo espazo para as anécdotas. Así, un dos rapaces preguntou sobre o retrato do Rei Juan Carlos que está situado no salón de plenos, descoñecendo quen era. Houbo algúns que pensaron que se trataba de Evencio Ferrero de mozo, aínda que a grande maioría decatouse de que era o monarca. Así mesmo, preguntaron polo primeiro Alcalde de Carballo, aínda que, debido a que Carballo conta con 175 anos de vida, non foi posible lembralo. Por ese moito, os cativos pedíronlle a Evencio Ferrero que nomease a todos os rexedores da vila dos últimos 70 anos, como así o fixo. Outras das preguntas máis repetidas referíronse á desaparición da peseta, da que algúns aseguraron lembrarse a pesar de ter nacido en 2004 e de que o euro se implantou en 2002. Outras das cuestións foron: "de qué se trata o traballo de Alcalde?", "como se fan as obras?", "canto custou facer a casa do concello?", ou "para qué serve Protección Civil". Así mesmo, ao remate da xuntanza, moitos dos cativos e cativas achegáronse ao alcalde para pedirlle autógrafos, algúns incluso solicitando unha sinatura no brazo. Durante o percorrido polas dependencias municipais, un dos departamentos que máis interese espertou no alumnado foi a comisaría da Policía Local, onde puideron escoitar as sirenas ou incluso empregar o megáfono e facer moitas preguntas sobre "os ladróns".

Compartir: