Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Festival Sereas e Piratas cumpre sete anos...

VENRES 20 E SÁBADO 21 DE XULLO

O Festival Sereas e Piratas cumpre sete anos mesturando deporte, música e diversión durante dous días na praia de Razo

Venres 25 de maio do 2012

O festival aposta tamén pola faciana deportiva, especialmente do surf, dado as características privilexiadas da praia de Razo. Así, celebrarase o Campionato Galego Interclubs e o Expression Session, que premia a manobra de surf máis radical; ámbolos dous son de carácter mixto. Por outra banda, calquera persoa que se achegue ata a praia poderá experimentar este deporte cun dos 500 curso de surf gratuítos que o campamento Art Surf Camp imparte ao longo de todo o día. A oferta deportiva amplíase cos campionatos de volei e balonmán praia, que contarán con premios en metálico que poden chegar aos 1.500 euros. Así mesmo, está prevista unha exhibición de diferentes modalidades de wellnes como o body bump, body combat e capoeira. Ademais, todos aqueles que se acheguen ao Sereas e Piratas teñen a oportunidade de participar no concurso fotográfico que se celebrará posteriormente subindo unha imaxe da cita á páxina do festival en Facebook. O obxectivo é ofrecer unha perspectiva persoal do paso do público por Razo.

Para poder desfrutar do festival de noite e do cartel dos concertos é necesaria a entrada. Os prezos son de 12 euros para un día e 18 euros para o abono dos dous días, mercándoas por anticipado na páxina web do festival <www.sereasepiratas.es>. No despacho de billetes poderán mercarse o mesmo día do festival cun custo de 15 e 22 euros, respectivamente. A entrada da dereito á acampada no lugar habilitado polo festival moi preto do recinto e o acceso estará restrinxido unicamente ás persoas que conten con esa entrada. O Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, quixo "celebrar que no contexto no que se está se siga dando potencialidade" a estas citas, non só centradas na música, senón tamén na contorna de Razo. Lembrou que o Concello colabora co festival dende os comezos e desexou que se incorpore nova xente que lle dea pulo á cita. Así mesmo, a organización quere lembrar a presenza dos patrocinadores, e tamén ter unha mención especial para o artista recentemente falecido Alberto Gende, que até o de agora tiña realizado todos os carteis do festival, tarefa que este ano desempeñou o seu irmán. Os interesados e interesadas poden descargar o cartel nun documento en pdf nesta mesma nova.

Compartir: