Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Quinteto Cimarrón pecha o Programa das...

XOVES 31 DE MAIO ÁS 20.30 HORAS

O Quinteto Cimarrón pecha o Programa das Letras 2012 presentando o seu traballo "Vinte cordas"

Luns 28 de maio do 2012

Hai que subliñar a excepcionalidade desta cita xa que xa que o Quinteto reúnese en contadas ocasións debido ás dispares ocupacións de cada un dos integrantes. De feito, este quinteto tocou hai poucos meses con David Bisbal na gravación do seu acústico "Una noche en el Teatro Real", ou con Paquito D'Rivera, unha institución a nivel mundial da música cubana, orquestral e sinfónica. Un dos poucos directores, intérpretes, compositores, arranxista que se exiliou da Cuba de Castro nunha actuación fóra do país e que agora reside nos EE.UU. Non hai que esquecer tampouco que deste quinteto forma parte, tocando o violín, Eduardo Coma, profesor do Conservatorio Profesional de Música de Carballo e violinista de Luar na Lubre. Eduardo Coma naceu en Camagüey o 17 de outubro de 1967. Dende os sete anos principia os seus estudos de música na súa cidade natal e remátaos no Instituto Superior de Arte de La Habana, onde recibe clases de importantes profesores como Aral Baisikalov, Igor Frolov, Evelio Tieles, Emilio Estrada, Viera Borisova ou Valeri Bibal. Vive en Galicia dende o ano 1996 donde ten traballado en diferentes Conservatorios e Escolas de Música. Dende 1998 é violinista do grupo folk Luar na Lubre, co que ten gravado seis discos para a produtora Warner e co que ten obtido seis Premios Nacionais de Música.

Compartir: