Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello despexa as marxes do Anllóns,...

RETÍRASE O EXCESO DE VEXETACIÓN E LIBÉRASE A CANLE DO RÍO

O Concello despexa as marxes do Anllóns, acondiciona o Bosque e emprende a limpeza das cunetas do municipio

Martes 5 de xuño do 2012

Os traballos de limpeza de beirarrúas e cunetas principiaron no casco urbano, despexando as zonas situadas a carón dos solares e que poden presentar herbas ou vexetación nas beirarrúas. Logo estenderanse ás cunetas das estradas asfaltadas que comunican os diferentes núcleos do medio rural do municipio. Unha vez rematen os traballos nas pistas asfaltadas, comezarán os labores para despexar as pistas forestais. Nos próximos días, procederase así mesmo a acondicionar os aparcadoiros das praias de Razo e Pedra do Sal para deixalos en perfectas condicións de cara a tempada de verán. Hai que lembrar que o Concello carballés realiza de forma cotiá labores de mantemento, conservación e posta en valor da ribeira do río Anllóns e do seu Paseo, ademais de mantemento dos espazos públicos. Noutra orde de cousas, e dentro das accións de limpeza, o Concello tamén realiza labores para a prevención de incendios forestais e para a limpeza dos solares do casco urbano. No primeiro caso, o obxectivo é defender os montes ou terreos forestais fronte ao lume, así como protexer ás persoas e bens que puideran resultar afectados por eles. No segundo, a administración local vela polo cumprimento da Ordenanza municipal de limpeza e da Ordenanza de seguridade, salubridade, hixiene, limpeza e ornato de parcelas, solares e edificacións, cuxo incumprimento pode implicar sancións.

Compartir: