Inicio Carballo ao día Hemeroteca A organización ADEAC concede o distintivo...

O SERVIZO DE SOCORRISMO ENTRA EN FUNCIONAMENTO O 11 DE XUÑO

A organización ADEAC concede o distintivo de Bandeira Azul ás praias carballesas das Saíñas e Pedra do Sal

Xoves 7 de xuño do 2012

Hai que subliñar, ademais, que as praias de Carballo contarán un ano máis con 32 socorristas que velarán pola seguridade dos bañistas. O servizo principia o 11 de xuño con 20 traballadores, aos que se sumarán outros 12, ata un total de 32, entre o 1 de xullo e o 31 de agosto. O servizo prolóngase até o 10 de setembro (que coincide co comezo do curso lectivo), mes no que haberá de novo 20 socorristas. Así mesmo, para contribuír a que os veciños e veciñas da vila desfruten das concorridas praias do municipio ao longo da tempada de verán, o Concello de Carballo procedeu nas últimas semanas ao acondicionamento dos aparcadoiros dos areais. Por outra banda, dende xuño de 2010, a empresa Eulen encárgase do labor de 'Limpeza de praias do municipio de Carballo' non só durante o verán, senón tamén dende o 16 de setembro até o 1 de outubro e dende o 1 de abril até o 15 de abril, co obxecto de garantir o mellor estado posible dos areais. Hai que lembrar que as praias de Razo, As Saíñas ou Pedra do Sal constitúen un dos principais atractivos turísticos de Carballo. Milleiros de persoas achéganse a eles durante a tempada de bo tempo para gozar da paisaxe e o mar. Quen prefira optar pola soidade e o silencio, pode internarse no extenso sistema de dunas que caracteriza a este espazo natural incluído na Rede Natura 2000.

Compartir: