Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Circuíto de Motor de Bértoa...

SÁBADO 16 DE XUÑO A PARTIRES DAS 9.00 HORAS

O Circuíto de Motor de Bértoa acolle o IV Autocross Bergantiños, cuarta proba incluída no Campionato Galego 2012

Mércores 13 de xuño do 2012

Respecto dos horarios da proba polo miúdo, as verificacións administrativas e técnicas principian ás 9.00 horas, mentres que a competición propiamente dita comeza cos adestramentos a partires das 12.00 horas. Está previsto que as semifinais se disputen a partires das 15.30 horas, mentres que as finais a partires das 17.00 horas. A entrega de premios está programada para as 19.30 horas, aproximadamente. A organización quere agradecer a contribución dos voluntarios que axudan na celebración da proba, así como a presenza dos patrocinadores e a cooperación de Protección Civil ou a Brigada de Obras para poñer a punto o circuíto. O xerente do Padroado Deportivo Municipal, Francisco García Bello, tamén anunciou que Radio Televisión de Galicia (RTVG) ten previsto retransmitir a carreira en directo pola canle TVG2, "o que fala en favor da proba", así como da organización. Por último, o Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, quixo manifestar a súa satisfacción ao comprobar como "unha aposta do Concello polo deporte de motor avanza, vaise consolidando e xa é un referente". Asegura que o deber do Concello e "facilitar este tipo de actividades" e felicitou a Bergantiños Motor e ao resto de escudarías que desenvolven a súa actividade en Bértoa, xa que converteron o circuíto "nun dos máis versátiles e funcionais de Galicia".

Os interesados e interesadas en obter máis información, poden facelo en <www.cronoracing.com>, na sección "Foros" e na subsección "Autocross".

Compartir: