Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello e Axober asinan un convenio para o...

O OBXECTIVO É ACADAR A DINAMIZACIÓN ECONÓMICA

O Concello e Axober asinan un convenio para o fomento da emprendeduría e a consolidación empresarial

Venres 15 de xuño do 2012

Dada a importancia do apoio das empresas ao proxecto, dende esta comisión planificaranse e executaranse todas aquelas actuacións de divulgación e promoción, para que a través de xornadas, visitas, encontros ou seminarios se acade a creación dun movemento de dinamización empresarial que leve á implicación e a unha xestión común de todos os empresarios e empresarias afectados. Serán consideradas igualmente accións prioritarias aquelas encamiñadas a unificar compromisos formais de participación. Axober comprométese, ademais, a colaborar co Concello mantendo informada á administración local das actividades programadas; achegando os datos dos establecementos asociados a Axober para incluílos nos motores de procura de empresas nas súas páxinas web e en calquera publicación promocional que se edite e participando na promoción das actividades formativas ou de calquera outro tipo que o Concello carballés programe para o empresariado. A realización de todas as actividades será levada a cabo de maneira conxunta pola administración local e por Axober a través da comisión mixta que se reunirá alomenos unha vez ao ano para consensuar e aprobar un plan de accións. Por útimo, o convenio deste ano inclúe unha maior fiscalización do gasto, que, en caso de ser superior a 500 euros, deberá ser xustificado a través de transferencias ou certificacións bancarias, e non unicamente coa achega das facturas.

Compartir: