Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello informa de que están rematados...

AS OBRAS COMEZARON A PRIMEIROS DE 2012

O Concello informa de que están rematados os traballos para a construción dunha praza pública na parroquia de Sofán

Venres 15 de xuño do 2012

Así, hai que lembrar que o POS 2011 supuxo tamén a 'Mellora de capa de rodadura no lugar de O Añón, na parroquia de Berdillo'; a 'Mellora de capa de rodadura no lugar de Xoane, na parroquia de Goiáns'; e o proxecto técnico para a creación dunha 'Rede de saneamento e rede de abastecemento de auga en San Lois, na parroquia de Ardaña'. No caso da actuación para a creación dunha praza pública en Sofán, a proposta xurdiu despois da aprobación dunha iniciativa veciñal da Asociación de Veciños San Salvador de Sofán no pleno da corporación a finais do ano 2009. Foi a primeira, e até o de agora única vez en que se empregou este mecanismo, recollido no Regulamento de Participación Cidadá. A través da iniciativa estipulouse que o financiamento da adquisición dunha parcela para a construción do novo espazo, valorada nuns 80.000 euros, estaría repartida a partes iguais entre o Concello e a Asociación, con 40.000 euros cada parte. A veciñanza dispuxo dun tempo para conseguir recadar o importe, con contribucións dos veciños e veciñas dun mínimo de 50 euros. Una vez adquirida a parcela, o Concello asumiu a elaboración do proxecto de remodelación, así como a execución que vén de rematarse.

Compartir: