Inicio Carballo ao día Hemeroteca Carballo conmemora o Día Internacional da...

VENRES 7 DE MARZO NO PAZO DA CULTURA

Carballo conmemora o Día Internacional da Muller cun encontro titulado "O mundo laboral das mulleres de Bergantiños"

Mércores 5 de marzo do 2014

A idea de celebrar un Día Internacional da Muller xurdiu ao final do século XIX, en plena Revolución Industrial e tralo auxe do movemento obreiro. A comezos de século, moitas mulleres se incorporaron ao traballo nas fábricas nunhas condicións moi duras: longas xornadas laborais e salarios inferiores aos dos homes. A medida que as mulleres se ían incorporando ao mundo laboral, facíase máis evidente que aquela situación non era xusta, e pouco a pouco os colectivos de mulleres organizáronse. Desde eses primeiros anos, o Día Internacional da Muller adquiriu unha nova dimensión mundial tanto nos países desenvolvidos como nos que están en vías de desenvolvemento. O crecente movemento internacional da muller, reforzado polas Nacións Unidas mediante catro conferencias mundiais sobre a muller, contribuíu a que esta conmemoración sexa un punto de converxencia das actividades coordinadas en favor dos dereitos da muller e a súa participación na vida política e económica.

Compartir: