Inicio Carballo ao día Hemeroteca Vinte mozos e mozas carballeses participan no...

A ACTIVIDADE ARRINCA O SÁBADO 8 DE MARZO NO FÓRUM

Vinte mozos e mozas carballeses participan no Taller de webseries que ten lugar no marco do festival Carballo InterPlay

Venres 7 de marzo do 2014

Javi Camino nace e medra en Santiago de Compostela e a súa afección polo cinema fantástico levaralle a centrarse no mundo do vídeo. Sempre manexando baixos presupostos, dirixe, grava, escribe e edita unha curtametraxe, "Consulta do Dr. Natalio", que dará lugar a unha longa, "Maldito Bastardo!". A partir de aí xa non haberá marcha atrás. No 2009, xunto a Stela Kaminova, funda Magnetova, unha das produtoras de videoclips máis activas de Galicia. Teñen no seu haber máis dunha vintena de clips tanto para grupos nacionais (Triángulo de Amor Bizarro, Novedades Carminha, Linda Guilala, Franc3s, Telephones Rouges...) como internacionais (Helen Love, Modular...), pero tamén curtas "Lvoluten Osken", "Un chico raro", "No tiene gracia" e, como non, webseries "El viudo quiere mimos", "Hazlo con Susa" ou "A tope siempre", entre outras. El foi o encargado de seleccionar aos participantes neste taller do CIP, que contarán coa súa axuda para desenvolver unha webserie sobre Carballo. Hai que lembrar, así mesmo, que o CIP é o primeiro festival de webseries que se celebra en España, e que con esta actividade o Concello espera contribuír a visibilizar a cultura, apoiar o desenvolvemento da industria cultural e tamén dar a coñecer Carballo, facéndoa unha vila dinámica, viva, acolledora, humana e moderna.

Compartir: