Inicio Carballo ao día Hemeroteca Adxudicadas as obras de "Rebacheo e mellora...

LUZ VERDE PARA A IV CARREIRA POPULAR 10 KM CONCELLO DE CARBALLO

Adxudicadas as obras de "Rebacheo e mellora da rodadura en varios camiños das parroquias de Oza, Entrecruces e Rus"

Luns 10 de marzo do 2014

A orde do día tamén incluíu a aprobación da celebración da "IV Carreira Popular 10 Km Concello de Carballo" que terá lugar o domingo 15 de xuño entre as 10.00 e as 14.00 horas. A aprobación supón a solicitude dos conseguintes permisos á Federación Galega de Atletismo para a organización da proba, así como a autorización do uso da vía pública para o correcto desenvolvemento da carreira, que percorrerá o centro do casco urbano carballés. No apartado de subvencións, a sesión supuxo a solicitude dunha axuda á Deputación da Coruña para a Limpeza de Praias 2014, ao abeiro dunha convocatoria do organismo provincial que pretende apoiar aos concellos coruñeses no sostemento dos gastos derivados da limpeza de praias e zonas marítimas durante o verán de 2014. O Concello solicita unha axuda de 33.840 euros para cubrir parte dos tres meses de limpeza que supoñen un custo total do contrato de 42.300 euros. Por último, a Xunta de Goberno supuxo a aprobación de cinco licenzas de obra, unha licenza de obra e apertura e tres licenzas de primeira ocupación.

Compartir: