Inicio Carballo ao día Hemeroteca Rapazas e rapaces de Carballo participan no...

COMPITEN 80 ESTUDANTES DE OITO EQUIPOS

Rapazas e rapaces de Carballo participan no Concello de Teo na fase de zona do Club de Debate galego

Xoves 13 de marzo do 2014

O premio final que agarda ao equipo gañador é unha convivencia dunha fin de semana na que terán ocasión de achegarse ao patrimonio natural e cultural galego a través de actividades lúdicas nas que a lingua galega terá un papel fundamental, en coherencia co obxectivo do proxecto que é promover o uso da lingua oral nos contextos formais e informais. En consonancia tamén con este obxectivo está o tema sobre o que terán que debater os equipos clasificados na sesión de Ferrol: "Pódese vivir en galego". En cada unha das súas fases, o proxecto procura achegar argumentos favorables ao uso da lingua, ademais de fornecer tamén coñecementos e práctica sobre as habilidades discursivas e expositivas orais co fin de reforzar as competencias do estudantado. O equipo procedente de Carballo está formado por 9 rapaces e rapazas de 4.º de ESO do IES Parga Pondal, que son: Paula Anido, Laura Canedo, David Castro, Iván Collazo, Cristina Fuentes, Javier Gil, Sabela Lista, Andrea Loureiro e Débora Rodríguez. O equipo está preparado por Mar Rodríguez e Carme Pensado. A entrega de premios está prevista para as 20.30 horas, no Salón de Plenos da Casa do Concello de Teo, na Ramallosa.

Compartir: