Inicio Carballo ao día Hemeroteca Adxudicados os traballos de "Mantemento de...

XUNTA DE GOBERNO LOCAL

Adxudicados os traballos de "Mantemento de camiños públicos nas parroquias de Rus, Entrecruces, Ardaña e Berdillo"

Luns 24 de marzo do 2014

Así, o Concello solicita unha subvención para o ano 2014 de 482.537 euros para levar a cabo o programa de Servizos Sociais do municipio, incluídos os gastos de persoal e do servizo de axuda no fogar. O Concello comprométese a cofinanciar o mantemento e desenvolvemento dos servizos sociais comunitarios de titularidade municipal incluídos no proxecto anual na contía de 463.177,96 euros, o que supón unha porcentaxe do 63,46 por cento sobre o orzamento total do proxecto, excluídas outras achegas autonómicas. No apartado de convenios, a Xunta de Goberno supuxo a aprobación de tres acordos. En primeiro lugar, un Convenio de colaboración entre o Concello de Carballo e a Escola Universitaria de Turismo do Centro Español de Nuevas Profesiones para a realización de prácticas de estudo. A duración deste período de prácticas é, neste caso, de catro meses. Aprobouse, así mesmo, un Convenio-marco de colaboración entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, a Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) en materia de utilización de instalacións deportivas de centros educativos. Este acordo permite e regula a utilización por parte do Concello das instalacións deportivas dos centros escolares do municipio.

Fóra da orde do día, saíu adiante un terceiro convenio, neste caso entre o Concello de Carballo e o Bergantiños FC co fin de fomentar a práctica do fútbol entre a mocidade carballesa. O obxectivo é mellorar os programas deportivos cara a expansión, crecemento sostido e estruturación de actividades para reforzar a participación desde a infancia no eido do deporte do fútbol e favorecer a presenza de equipos locais en competicións deportivas. No apartado de Cultura, a sesión supuxo a aprobación do programa Primavera enDanza 2014, que inclúe a celebración de catro espectáculos de danza no Pazo da Cultura durante o mes de abril; e do xurado para o XVI Certame fotográfico Xosé Manuel Eirís, que inclúe a unha Licenciada en Arte, a un Profesor da Escola de Imaxe e Son da Coruña, a un fotógrafo publicitario, a un pintor licenciado en Belas Artes e a unha fotógrafa profesional, ademais de aos representantes do Concello. Por último, a sesión supuxo a declaración do servizo de Policía Local e da Unidade de Salvamento e Socorrismo de Protección Civil do Concello de Carballo como sectores ou servizos prioritarios para poder formalizar a contratación como persoal laboral temporal de 6 auxiliares de Policía Local e de 32 socorristas.

Compartir: