Inicio Carballo ao día Hemeroteca Os Venres Culturais pechan coa estrea de...

VENRES 28, SÁBADO 29 E DOMINGO 30 DE MARZO

Os Venres Culturais pechan coa estrea de "Lisístrata", da Aula de Teatro Municipal, e cunha proposta para os máis cativos

Martes 25 de marzo do 2014

Desta volta os intérpretes que darán vida aos personaxes da antiga Grecia son María Caamaño como Lisístrata; Carmen Cotelo como Casandra; Cristina Iglesias como Alcmena; Isabel Calvete como Calónica; Lucía Velo como Selenia; Rebeca Blanco como Filaneta; Olga Amigo como Clinareta; Celia Bello como Sóstrata; Beatriz Cortizas como Praxágoras; Anxos Verdes como Mirrina; Rebeca Ferro como Lampito; Ana Porteiro como Bromia; María Boado como Melania; Paca Pacheco como Casia; María Freire como Demetria; Celsa Losada como Dionisia; Marcos Casas como Blépiro; Oier Once como Arístides; Pedro Eirín como Cremes; Javier Varela como Peidoro; Jose Menéndez como Cinesias; Javier Fraga como Xeneral Alexio; e Mon Lendoiro como Xeneral Lapo. A ATM fundouse hai catro anos como unha iniciativa do Concello de Carballo e dos actores afeccionados ao teatro e, desde entón estrearon, sempre baixo a dirección de Artur Trillo, "A ruleta rusa", "Amores", "Médico a paus", "A herdanza", "Pequeno retablo de verdades e mentiras" e agora a comedia grega "Lisístrata".

E os Venres Culturais pechan definitivamente a súa andaina de 2014 cunha proposta do ciclo En Familia dirixida aos máis cativos e cativas. A empresa de Santiago Eme2, Emoción&Arte, presenta o domingo 30 de marzo a partir das 18.00 horas "O príncipe e o parrulo", un espectáculo de monicreques dirixido a público a partir de 3 anos. Trátase dunha pequena historia, tan pequena que só precisa un castelo, unha árbore e unha casa para ser contada. Pero esta pequena historia fala de cousas moi grandes. Nela, dous pequenos personaxes descobren que non hai nada tan divertido como ter alguén con quen compartir e con quen xogar. Polo que se decatarán de que non hai nada tan grande como un amigo. Uns fermosos bonecos e a escenografía, o teatro de obxectos, as actrices e a música (creada por Fran Lausen, antigo membro de Oskorri) crean un precioso e divertido espectáculo no que se enxalza o valor da amizade e a solidariedade. A proposta está producida por Eme2, unha empresa de artes escénicas dedicada á produción e distribución de espectáculos tanto para adultos como para nenos. A duración prevista do espectáculo é de 55 minutos o prezo ordinario da entrada é de 3€, 2€ con desconto para estudantes con carné de estudantes, maiores de 65 anos e menores de 12 anos.

Compartir: