Inicio Carballo ao día Hemeroteca Arrinca a campaña Check-in Carballo no...

DO 1 AO 26 DE ABRIL EN 27 COMERCIOS E LOCAIS HOSTALEIROS

Arrinca a campaña Check-in Carballo no pequeno comercio da vila: ofrece un premio dunha viaxe a Turquía para dúas persoas

Martes 1 de abril do 2014

Para o usuario/a, Foursquare convértese nun xogo; durante ese mes, cada vez que entra nun establecemento adherido vai sumando puntos, desbloqueando medallas, chegando a ser o que máis puntos ten e tratando de conseguir o premio. A experiencia implica ao Concello, como promotor da campaña; a un equipo de traballo para coordinar a actividade, encargarse da plataforma web e realizar o seguimento das diferentes accións que se realicen; aos establecementos participantes, que deben promover a iniciativa e formarse sobre os aspectos tecnolóxicos da acción; e por último aos clientes, que participan en Foursquare e visitan os comercios. Esta campaña forma parte da iniciativa máis ampla "Quedamos en Carballo" promovida pola Concellaría de Promoción Económica que dirixe Xosé Regueira para promocionar a hostalería e o comercio locais, así como para fomentar o turismo. Os interesados e interesadas en participar poden obter información actualizada sobre a iniciativa entre o 1 e o 26 de abril a través do blog: <quedamosencarballo.wordpress.com>.

Os establecementos que participan na iniciativa son os seguintes: A Fragua de Mo, Alonso Moda, Amar Moda, Automóbiles Dimolk, Aveparaíso, Balneario de Carballo, Beds, Bodegas Carballo, Cafetería Baños Vellos, Confecciones Emiliano, De Mamá Café y Copas, Deportes San Remo, DonCLIC, Frutas Bri, Mar de Encuentros, Mercería Vainica, Modas Eva, Pekepelos Perruquería Infantil, Restaurante Vinoteca A de Pako, Taberna O Mexillón, Tasca A Cova, Tienda Tasmania, Todo Lar (Milagrosa), Varela Hostelería, Vinoteca Ánfora, Yoigo Carballo e Zocas. Os interesados e interesadas poden descargar as normas do concurso nun documento en pdf nesta mesma nova.

Compartir: