Inicio Carballo ao día Hemeroteca Un total de 35 webseries de toda España...

A CONCURSO ENTRE O 24 E O 27 DE ABRIL

Un total de 35 webseries de toda España participan na selección oficial do I Festival Carballo Interplay (CIP)

Mércores 2 de abril do 2014

De cada webserie, serán visionados dous capítulos ou, no caso de que sexan superiores aos quince minutos, só un. O xurado estará composto por diferentes profesionais do mundo das webseries, do audiovisual e da cultura, así como de representantes de asociacións profesionais relacionadas co sector. Ademais dos premios dedicados á webserie, tamén haberá premios á mellor actriz e ao mellor actor, ademais dun Premio do Público e un premio ao mellor guión patrocinado pola AGAG (Asociación Galega de Guionistas). A contía total dos galardóns ascende a 5.200 euros e tamén se lles entregará a cada un dos premiados un trofeo, unha obra plástica realizada polo artista David Méndez Alonso. Os interesados e interesadas poden consultar clicando aquí a sección oficial de webseries do CIP. Ademais, non hai que esquecer a importancia que as actividades paralelas están tendo no desenvolvemento do festival, entre as que destaca a celebración dun Obradoiro de webseries que culminou coa elaboración dun capítulo dunha webserie titulado "Toñito, ti es especial" coa colaboración de vinte mozos e mozas carballeses e a coordinación de Javi Camino, da produtora Magnetova Material.

Outras citas que xiran arredor do Interplay son Código Fonte Audiovisual coa presenza do coñecido actor e humorista Xosé Touriñán; un concerto o venres 25 de abril na sala Dublín; a Master Class: Branded content o sábado 26 de abril; a Mesa Redonda: novas narrativas audiovisuais na web o venres 25 de abril; a presentación da webserie "Dos más dos cinco"; o Freaklances Project que emite, produce e distribúe webseries; ou incluso un vermú con CREA, un encontro informal entre directores de webseries. Os interesados e interesadas poden obter máis información sobre o CIP consultando a páxina web do festival nesta mesma nova.

Compartir: