Inicio Carballo ao día Hemeroteca O conquense José Ramón Luna de la...

PREMIO ESPECIAL CARBALLO PARA ALBERTE SÁNCHEZ, DE CULLEREDO

O conquense José Ramón Luna de la Ossa, gañador do XVI Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís, que reparte 1.800 euros

Mércores 2 de abril do 2014

Respecto do xurado desta XVI edición do concurso, estivo formado por Mar Eirís Villar (Concelleira de Cultura e Educación do Concello de Carballo), Beatriz Fernández Baldomir (en representación da AC Rebeldía, xa que cada ano participa no xurado unha representación do tecido asociativo do municipio), Ángel Cordero Gómez (profesor da Escola de Imaxe e Son da Coruña), Luis Carré Menéndez (fotógrafo publicitario industrial e profesor da ETSAC-Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña), Xulio García Rivas (pintor, licenciado en Belas Artes e profesor de debuxo no IES Alfredo Brañas), Ana Mª García Suárez (fotógrafa profesional), e Mª del Carmen Castro Pombo (animadora cultural do Concello de Carballo). Á inauguración, que está previsto que teña lugar na sala da baixocuberta do terceiro andar do Pazo da Cultura, asistirán o Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, a Concelleira de Cultura, Mar Eirís, así como membros do xurado e os gañadores desta edición, aos que se fará entrega dos premios. Os interesados e interesadas poden descargar nesta mesma nova as imaxes que constitúen o palmarés do XVI Certame Xosé Manuel Eirís en pdf.

Compartir: