Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Xiria Gestiber feminino de Voleibol disputa a...

SEMIFINAIS A PARTIR DAS 10.00 HORAS

O Xiria Gestiber feminino de Voleibol disputa a Fase Final Interzonal o domingo 6 de abril no Pavillón Carballo Calero

Xoves 3 de abril do 2014

O obxectivo desta Fase Interzonal é conseguir, segundo explica Mariño, que Carballo volva a ter representación na Liga Galega de Volei, como xa ocorrera no pasado. O Dompa Rúa Ourense preséntase como un rival difícil, xa que tamén está invicto na súa liguilla e se trata dun Club que ten equipos en Liga Galega noutras categorías. O Alcalde, Evencio Ferrero, tamén quixo lembrar os éxitos pasados da sección de voleibol de Xiria e espera que o pavillón conte co mellor ambiente posible para animar ás xogadoras cadetes. Tamén quixo subliñar a importancia de que Carballo acolla este tipo de citas, xa que "o deporte tamén xera economía", xa que os familiares e equipos técnicos dos equipos participantes, así como as propias xogadoras, teñen unha oportunidade de coñecer a vila e de pasar o día en Carballo. Así mesmo, Ferrero quixo subliñar o papel de referencia do municipio no deporte de base e desexoulle a mellor das sortes ao Xiria Gestiber. Os interesados e interesadas poden descargar o cartel anunciador na cita nesta mesma nova nun documento en pdf.

Compartir: