Inicio Carballo ao día Hemeroteca Oito percorridos pola comarca enchen o programa...

FINS DE SEMANA DO 6 DE ABRIL AO 8 DE XUÑO

Oito percorridos pola comarca enchen o programa da quinta edición da Primavera en Ruta de Senda Nova

Xoves 3 de abril do 2014

Pero como cada ano, as auténticas protagonistas da actividade son cada unha das oito rutas que pretenden contribuír á protección e difusión dos espazos de interese paisaxístico, natural e cultural da contorna máis próxima. As actividades organízanse dun xeito interpretativo para formar unha cadea de colaboracións entre Senda Nova, Protección Civil de Carballo, os concellos colaboradores, os persoeiros e entidades das parroquias visitadas e os participantes. Os percorridos, que teñen saída sempre entre as 9.00 e as 9.30 horas dependendo de cada Concello, son os seguintes:

  • Ruta das Mámoas: 6 de abril. De 16 quilómetros de lonxitude, transcorre polo Concello de Cabana, sendo a saída na Piolla e rematando nas Torres da Penela. Permite observar 14 mámoas e 1 petroglifo, ademais do grupo etnográfico do Río Abelán.
  • O son do Anllóns: 13 de abril. De 21 quilómetros de lonxitude, transcorre por Carballo e Coristanco, saíndo de Carballo e terminando en Corcoesto, atravesando lugares como Verdes, o Pazo do Souto, a Pontedona, a Casa da Torre ou Corcoesto.
  • A forza do río Chonia: 27 de abril. De 22 quilómetros, transcorre polo Concello de Trazo, saíndo de Castrillón e terminando en Portomeiro (Val do Dubra). Durante o percorrido visitarase o Pazo de Restende, así como a fermosa confluencia dos ríos Chonia e Tambre.
  • A Costa agreste de Cerqueda e Cambre: 4 de maio. De 17 quilómetros de lonxitude, transcorre polo Concello de Malpica e é a única ruta costeira e circular, con saída e chegada en Cambre. Pasa a carón de Cerámicas El Progreso e visita os Muíños de Ardeleiro, moi próximos ao mar, ademais de ofrecer a oportunidade de ver a carballeira máis cercana ao mar de Europa.
  • Coristanco histórico: 11 de maio. Realízase por segundo ano, conta con 21 quilómetros de lonxitude e transcorre polo Concello de Coristanco seguindo unha vía romana e cruzando a Ponte Lubiáns.
  • Terras Altas de Soneira: 25 de maio. De 19 quilómetros, transcorre polo Concello de Zas, saíndo de Pico de Meda -o monte máis alto da zona- e terminando en Follente. Pasa por lugares como a Férveda do Rabiñoso, pasando a carón de dúas mámoas dous castros e os restos dun castelo medieval. Conta con dúas variantes e é apta para cadeira de rodas.
  • Camiño de Caión: 1 de xuño. De 15 quilómetros de lonxitude, ten unha dificultade media e visitará a vila mariñeira do vecino Concello da Laracha.
  • Ríos de Sofán: 8 de xuño. Serve como peche do programa, con 21 quilómetros de lonxitude, ten unha dificultade media.

Como novidade, este ano as saídas de Carballo pasarán do Pazo da Cultura ao Horto ecolóxico situado na rúa Nardos da capital municipal; en Coristanco e A Laracha faranse, como en anos anteriores, dende a Casa do Concello. A organización encárgase do transporte dos participantes dende os lugares de saída até os sitios de comezo da marcha. Así mesmo, recoméndase levar calzado (a poder ser impermeable) e roupa axeitada, mochila, impermeable, navalla, gorra e protección solar. Para poder inscribirse os interesados e interesadas poden dirixirse á base de Protección Civil de Carballo no edificio do Ambulatorio vello de luns a venres de 9.30 a 13.30 horas; ao Departamento de Cultura e Deportes situado na Casa do Concello da Laracha, de luns a venres de 9.30 a 13.30 horas; ao Departamento de Cultura e Deportes no Concello de Coristanco situado no Edificio de Servizos Múltiples, de luns a venres de 9.30 a 13.30 horas; e por último ao Horto Ecolóxico de Carballo situado na Rúa Nardos, os mércores, xoves e venres de 17.00 a 20.00 horas. A data límite de inscripción é ata 2 días antes de cada roteiro. Os prezos son: para maiores de idade, 6 €; para menores e socios 3€ .

Os interesados e interesadas poden descargar o programa ao completo da actividade en pdf nesta mesma nova, ou ben consultar a páxina web da Asociación Ambiental Senda Nova.

Compartir: