Inicio Carballo ao día Hemeroteca Arredor de 80 inscritos na XII Marcha...

A PARTIR DAS 10.00 HORAS CON SAÍDA E CHEGADA NO FÓRUM CARBALLO

Arredor de 80 inscritos na XII Marcha Cicloturista de Bergantiños que organiza o 6 de abril o Club Ciclista Carballo

Venres 4 de abril do 2014

A organización porá á disposición dos participantes servizos e duchas así como aparcamento para os seus vehículos e o avituallamento está previsto que se realice na Virxe do Faro. Seoane quere resaltar que nesta edición da marcha participará xente de todos os puntos de Galicia, incluíndo Bergantiños, a comarca de Fisterra ou xente da Coruña, pero tamén de fóra de Galicia, sendo Plasencia o punto máis afastado. Seoane tamén quixo agradecer a colaboración do Concello e "a súa boa predisposición" para colaborar en citas deste tipo" e a Bodegas Carballo por facilitar o necesario para realizar o avituallamento. O percorrido, aínda que non excesivamente longo, xa que conta con 78 quilómetros, si conta con bastantes subidas e baixadas, polo que a chegada está prevista no Fórum a partir das 13.30 horas. O Alcalde, Evencio Ferrero, manifestou que é "unha marabilla" que Carballo conte con tanta "diversidade deportiva", e especialmente "cunha actividade que permite gozar da paisaxe e da natureza". Por último, lembrou que as previsións meteorolóxicas para o domingo 6 avanzan moi bo tempo, o que seguramente favorecerá o desenvolvemento da cita. Os interesados e interesadas poden consultar nesta mesma nova o web do Club Ciclista Carballo Placasa ou descargar o regulamento e o rutómetro da proba en pdf.

Compartir: