Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Pazo da Cultura acolle os Concertos de...

MÉRCORES 9 E XOVES 10 DE ABRIL ÁS 19.30 HORAS

O Pazo da Cultura acolle os Concertos de Primavera do Ciclo de Novos Intérpretes do Conservatorio Profesional de Música

Martes 8 de abril do 2014

Con estes concertos o profesorado do Conservatorio Profesional de Música pretende introducir ao alumnado nun novo espazo interpretativo, o auditorio, para afrontar en moitos casos, ao seu primeiro concerto e, dese xeito, desafiar o famoso "pánico escénico" e familiarizarse coa interpretación para todos os asistentes, saíndo así das aulas de ensaio. Por outra banda, tamén se tenta achegar ao público en xeral o traballo que están a realizar os alumnos e alumnas e, dese xeito, compartir e intentar fomentar a música clásica entre todos aqueles que se acheguen a escoitar a estas novas promesas do Conservatorio de Carballo. Os interesados e interesadas poden descargar o programa de man dos concertos en pdf nesta mesma mova.

Compartir: