Inicio Carballo ao día Hemeroteca Xa hai rexistrados máis de 140 inscritos...

ABERTO O PRAZO DE ANOTACIÓNS ATÉ O 8 DE XUÑO

Xa hai rexistrados máis de 140 inscritos para participar na IV Carreira Popular 10 Km Concello de Carballo

Mércores 16 de abril do 2014

Respecto as características da carreira, trátase dunha proba oficial da Federación Galega de Atletismo (FGA) cunha distanza homologada de 10.000 metros, e baixo o control técnico do Comité de Xuíces da FGA. Colaboran na organización da proba a FGA, os Entes Deportivos AD Media Ducia e o Clube Ciclista Carballo-Placasa, e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Carballo. Na IV Carreira Popular 10 Km Concello de Carballo, pode participar toda persoa nada nas datas correspondentes por categoría, estea ou non federada, ate un máximo de 1000, con excepción das limitacións impostas pola regulamentación propia da Federación Galega de Atletismo para a participación de atletas federados de outras Federacións Autonómicas. Os dorsais e os chips recolleranse na zona habilitada a tal efecto na Praza do Concello o día da carreira entre as 9.30 e as 11.15 horas, ou no seu defecto, 45 minutos antes da saída de cada categoría, coa presentación do DNI ou documento similar acreditativo. Esta actuación enténdese como "Pasar Cámara de Chamadas". Aqueles chips entregados pola organización deberán ser devoltos á mesma á chegada a meta. O incumprimento desta norma supón a descualificación e sanción de 10€.

Os interesados e interesadas poden descargar o regulamento ao completo da proba en pdf nesta mesma nova.

Compartir: