Inicio Carballo ao día Hemeroteca Os "Contos de Taberna" chegan a 14...

DO 23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO, AO 17 DE MAIO, DÍA DAS LETRAS

Os "Contos de Taberna" chegan a 14 establecementos coa axuda de 27 artistas para dinamizar a cultura e a hostalería

Luns 21 de abril do 2014

Os locais e artistas participantes son os seguintes: Ágora con relato de Henrique Mariño e ilustración de Mon Lendoiro; A Bombonera con relato de Xosé Antonio Andrade e ilustración de Roberta Venanzi; A Cabaña, con relato de Rosalía Fernández Rial e imaxe de Eva Facal; A Cova, cun conto de Cristina Abelleira e ilustración de Paula Freire; A de Pako, con relato de Mercedes Queixas e ilustración de Antonio Taracido; A Pedra, con relato de Paco Souto e ilustración de Emi de las Heras; Abastos, con conto de Santi Garrido e imaxe de Cristina Castro; Ánfora, con relato de Ramón Vilar Landeira e ilustración de Antonio Reino; Café Cervantes, cun relato de Ignacio Silva e ilustración de Santi Picos; Café Valle Inclán, con conto de Alberto Varela Ferreiro e ilustración do propio Alberto Varela Ferreiro; Kasa Klandestino con relato de Xurxo Borrazás e imaxe de Milagros Cotelo; Mesón do Pulpo, cunha historia de Fernando Cabeza Quiles e imaxe de Pedro Tasende; O Mexillón, con relato de Beatriz Fraga e imaxe de Lidia; e por último O Pescador, con relato de María Canosa e imaxe de O'Mighelo. Eles farán que as tabernas de Carballo, lugares de contos e encontros, tomen vida por escrito grazas aos "Contos de Taberna", actividade enmarcada dentro do programa "Quedamos en Carballo" da Concellaría de Promoción Económica.

O Alcalde de Carballo quixo resaltar durante a presentación do proxecto a existencia dun movemento artístico que nos últimos tempos cobra cada vez máis vida con exposicións colectivas, murais na rúa e con actividades "que están dando moito que falar". Ferrero expresou o seu "agradecemento a todas as persoas que participan nesta feliz iniciativa" que ten como obxectivo "dinamizar Carballo" e que "a xente se sinta aínda máis a gusto nos locais que adoita visitar". Así mesmo, Mar Eirís quixo animar á xente á que participe nesta proposta, que tamén inclúe algunha pequena sorpresa nos relatos e que une literatura, arte e hostalería.

Compartir: