Inicio Carballo ao día Hemeroteca Os alcaldes de Arzúa, Betanzos,...

REMITIRÁN O TEXTO AOS MUNICIPIOS AFECTADOS DA PROVINCIA

Os alcaldes de Arzúa, Betanzos, Corcubión, Ordes e Carballo acordan unha moción a favor do mantemento dos partidos xudiciais

Martes 22 de abril do 2014

Así mesmo, o Alcalde de Corcubión, Francisco Javier Lema, destaca o feito de que o anteproxecto de lei afecta "non só aos concellos, senón a todos os veciños e veciñas". Lema subliña que unha vez se supriman os xulgados da provincia, os cidadáns de Corcubión e doutras vilas da contorna "deberán percorrer arredor de 100 quilómetros de ida e outros tantos de volta" para poder realizar xestións xudiciais, xa que o servizo máis próximo estará na Coruña. Á súa vez, Evencio Ferrero quixo subliñar que esta situación "non é de ideoloxías, xa que é un problema dos cidadáns" porque "o criterio provincialista non satisfai as particularidades de Galicia". Nesta idea afondou tamén Ramón García, Alcalde de Betanzos, que explica que este anteproxecto de lei "non só afecta ás cabeceiras comarcais" xa que é "un cambio cuantitativo de consecuencias incalculables" que repercutirá en toda a poboación. Tamén quixo lembrar as perdas de postos de traballo en lugares coma Betanzos, con 48 empregados en catro xulgados que xestionan ata 8.764 causas. Os alcaldes dos municipios afectados esperan manter unha nova xuntanza e ultimar a moción para que finalmente sexa subscrita polos concellos afectados e se loite polo obxectivo de que se manteñan os partidos xudiciais da provincia.

Compartir: