Inicio Carballo ao día Hemeroteca Arredor de dous mil estudantes visitan o...

II FORO DA FORMACIÓN E A EMPRESA: 24 E 25 DE ABRIL

Arredor de dous mil estudantes visitan o Fórum Carballo para saber máis sobre as súas opcións formativas e sobre o mundo laboral

Xoves 24 de abril do 2014

A organización calcula que ao remate deste II Foro da Formación e a Empresa, o venres ás 14.00 horas, arredor de dous mil rapaces e rapazas terán pasado polas instalacións do Fórum Carballo. Luís García quixo subliñar durante a apertura que este segundo ano "tratouse de mellorar e corrixir o que se fixo o ano pasado", en que xa arredor de mil persoas tiñan participado na cita. Para García, a cita ten tres obxectivos principais, "atopar puntos de converxencia entre a formación profesional e as empresas", "que a formación profesional que se imparta estea vinculada ao tecido empresarial da contorna", e, por último, "dinamizar a vida académica". Todo nun espazo pensado para "compartir ideas" e tamén para tentar que as empresas se impliquen cada vez máis no proceso formativo. Pola súa banda, Mónica Mariño quixo subliñar a vontade da cita de "facer algo non só para Carballo, senón tamén para toda a contorna", agradecendo ademais o traballo de "moitísima xente que fixo posible isto". O Alcalde desexou que o Foro sirva "de aprendizaxe permanente de cara ao futuro", pero sobre todo desexou que sexa "útil" para que "toda a xente teña a oportunidade de acceder ao mercado laboral con dignidade".

Compartir: