Inicio Carballo ao día Hemeroteca O I Festival Carballo InterPlay arrinca entre...

ENTRE O XOVES 24 E O DOMINGO 27 DE ABRIL

O I Festival Carballo InterPlay arrinca entre cantareiras para ser o primeiro certame de España dedicado ás webseries

Xoves 24 de abril do 2014

Tanto Segura como Sáinz aproveitaron a súa presenza na inauguración para felicitar á organización e desexar que haxa moitas máis edicións. Respecto das características concretas do programa, polas mañás, entre o xoves 24 e o domingo 27 de abril teñen lugar as actividades paralelas no Fórum Carballo, mentres que as tardes resérvanse para as proxeccións das webseries participantes no Pazo da Cultura, ou para actividades como a estrea da webserie creada en Carballo co gallo do festival ou a Gala de entrega de premios (prevista para o sábado 26 ás 20.30 horas). Así mesmo, está prevista a celebración de dous concertos o venres 25 e o sábado 26 de abril a partir das 23.00 horas na Sala Dublín. Co CIP, Carballo quere converterse por uns días nun espazo no que fervan ideas, interaccións e comunicacións. Nun lugar no que quen de cando en vez vexa unha webserie soa ou só desde o seu computador tamén a poida ver acompañado por moita outra xente, nun auditorio. Que quen comenta e opina sobre unha webserie nas redes sociais, tamén o poida facer en Carballo tomando uns viños e unhas tapas con outros/as seguidores/as desa serie, e incluso cos seus actores, coas súas guionistas, etc.

Os interesados e interesadas poden ver nesta mesma nova a través de Youtube o teaser-trailer da webserie carballesa creada no taller do CIP, "Toñito, ti es especial". Tamén é posible descargar o programa completo de actividades do festival nun documento en pdf.

Compartir: