Inicio Carballo ao día Hemeroteca Ferrol acolle o sábado 26 de abril a final...

PARTICIPAN PONTEVEDRA, O CARBALLIÑO, AMES, CARBALLO E FERROL

Ferrol acolle o sábado 26 de abril a final galega do Club de Debate, na que participa o equipo de Carballo

Venres 25 de abril do 2014

Os equipos enfrontaranse entre eles e terán que debater sobre o seguinte enunciado: "Pódese vivir en galego". O horario de desenvolvemento da actividade é dende as 10.00 ata as 20.30 horas, cando se coñecerá o equipo gañador e as puntuacións dos debates, o que dará paso a entrega de premios. O Club de Debate é un proxecto promovido polos servizos de normalización lingüística (SNL) de diversos concellos do país, entre eles Carballo, e está dirixido a un dos sectores estratéxicos no proceso de normalización da nosa lingua, a mocidade, e faino co obxectivo xeral de impulsar o uso da lingua galega activando o uso oral do idioma en contextos formais (os propios debates) e informais (a convivencia entre os participantes durante todo o desenvolvemento da actividade). Os interesados e interesadas poden descargar o horario da cita ao completo nun documento en pdf nesta mesma nova.

Compartir: