Inicio Carballo ao día Hemeroteca O habitante 30.000 terá o carné...

POBOACIÓN

O habitante 30.000 terá o carné Carballo Porta aberta durante un ano

Xoves 28 de xullo do 2005

"Estou orgulloso de ser o habitante número 30.000 de Carballo e espero que sexamos moitos máis", escribiu o protagonista do acto no libro de honra do Concello, a carón de sinaturas de persoalidades coma o cónsul do Uruguai ou o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria.

Un dos obxectivos do Goberno municipal é fixar a poboación na zona e para iso estanse a desenvolver diversas medidas de fomento do emprego, de incremento da vivenda e da calidade de vida dos veciños. Con este aumento da poboación os fondos que vai recibir Carballo procedentes do Estado tamén se incrementarán, xa que se calculan en función do número de habitantes.

O Concello levaba meses agardando esta cifra simbólica á que se chegou o mércores 27 de xullo. "A verdade é que ata que vimos os datos do padrón o 14 de xullo non esperabamos chegar aos 30.000 habitantes este mes", explicou o rexedor.

Ao acto institucional celebrado na Alcadía de Carballo asistiron tamén o primeiro tenente de alcalde e concelleiro de Urbanismo, Obras e Desenvolvemento rural, Manuel Andrade, o segundo tenente de alcalde e concelleiro de Facenda, Contratación e Patrimonio, Xosé A. Viña, e a terceira tenente de alcalde e concelleira de Cultura, Ensino e Normalización Lingüística, Belén Lendoiro.

Compartir: