Inicio Carballo ao día Hemeroteca Aprobada a oferta de emprego público para...

XUNTA DE GOBERNO LOCAL

Aprobada a oferta de emprego público para 2006

Luns 3 de abril do 2006

A Xunta de Goberno Local aprobou, ademáis, a solicitude de catro subvencións. A primeira consiste na cesión, por parte de Consellería de Presidencia, de material, en propiedade, para o Plan de Salvamento en Praias de Galicia. Trátase dunha padiola, prismáticos, bandeiras, flopy, uniforme de home e muller socorrista, uniforme de home e muller voluntaria e chalecho salvavidas. A segunda das solicitudes, tamén á Consellería de Presidencia, fai referencia á cesión en propiedade de material de intervención para misións de Protección Civil, con material de apoio loxístico, remolque para transporte de material, motoserra e grupo electróxeno. Dentro da materia de Serizos Sociais, aprobouse a solicitude de 457,081,22 euros á Consellaría da Igualdade e do Benestar e continuar a prestacións de servizos nas mesmas condicións do ano anterior. Por último, solicítase á Consellaría de Innovación e Industria unha subvención de 138.911,43 euros para a construcción dun edificio municipal destinado a usos múltiples asociado ao viveiro de empresas sito no Polígono Industrial de Bértoa. Tamén aprobouse a autorización de cinco novos vaos permanentes en distintas zonas da localicade. As novas licenzas de vao permanente correspóndense coas rúas Río Tambre (2) Rosas, Portugal e Gran Vía.

Compartir: