Inicio Carballo ao día Novas Carballo xa é oficialmente un concello...

Carballo xa é oficialmente un concello solidario co alzhéimer

A xunta directiva de Afaber entregou un certificado acreditativo ao goberno local

Mércores 15 de febreiro do 2017

Carballo xa era un concello solidario co alzhéimer, pero dende hoxe conta co certificado que o acredita. O presidente da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer de Bergantiños (Afaber), Jesús Villar, vén de entregarllo ao alcalde, Evencio Ferrero, nun acto no que tamén participaron a concelleira de Igualdade e Benestar, Maica Ures, e a vicepresidenta e a tesoureira de Afaber, María Vilariño e Mª Luz Suárez, respectivamente. 

Co acto de hoxe, que tivo lugar na Alcaldía, materialízase o acordo plenario adoptado o pasado 31 de outubro pola corporación municipal para declarar Carballo como concello solidario coa enfermidade do alzhéimer, “apoiando así a necesidade de atender aos veciños que conviven cunha demencia e, polo tanto, implicándose tamén na atención en demencias e alzhéimer”, como destacan dende a asociación.

Compartir: