Inicio Carballo ao día Avisos Último día para inscribirse no...

Último día para inscribirse no curso preparatorio das probas Celga de lingua galega no ano 2017

Luns 13 de marzo do 2017

Ata o 28 de marzo está aberto o prazo de inscrición para o curso preparatorio das probas do nivel Celga 4, que se desenvolverá do 18 de abril ao 7 de xuño no IES Parga Pondal de Carballo.

Serán un total de 70 horas de formación, que se distribuirán de luns a venres de 18.30 a 20.30 horas.

O curso é gratuíto e a inscrición pode realizarse ou ben a través da Sede Electrónica da Xunta: https://sede.xunta.es, ou ben entregando a solicitude (que atoparedes no documento adxunto) por rexistro dirixido á Xunta (pódese entregar no Portelo Único do Concello de Carballo).

Máis información:
www.lingua.gal | 881996328 ou 981184898 | sxpl.probascelga@xunta.es Achegamos no anexo folla de solicitude. O código do curso de Carballo para cubrir nesa solicitude é: CL420171501901

Ligazóns

Descargas

Compartir: