Inicio Carballo ao día Avisos Axudas individuais para a adquisición de...

Axudas individuais para a adquisición de servizos de promoción da autonomía persoal e a adquisición de servizos complementarios de asistencia persoal, para persoas con discapacidade

Mércores 19 de abril do 2017

Orde da Consellería de Política Social que ten por obxecto establecer as bases reguladoras da convocatoria pública para a concesión de axudas individuais destinadas á adquisición de servizos de promoción da autonomía persoal, así como a adquisición de servizos complementarios de asistencia persoal, para persoas con discapacidade empadroadas nun municipio da Comunidade Autónoma de Galicia, en réxime de concorrencia competitiva e de carácter non periódico.

A finalidade destas axudas é a de colaborar en determinados gastos, con efectos do 1 de xaneiro de 2017, destinados a:
a) Facilitar a adquisición de servizos de promoción da autonomía persoal.
b) Facilitar a adquisición de servizos complementarios de asistencia persoal.3. Unicamente poderán ser obxecto de financiamento para esta convocatoria as actuacións que se realicen entre o 1 de xaneiro e o 30 de novembro de 2017.

A convocatoria pode consultarse no documento anexo. As persoas que precisen máis información poden dirixirse ao departamento de servizos sociais, no antigo ambulatorio de Carballo.

Descargas

Compartir: