Inicio Carballo ao día Avisos Ampliación do prazo da convocatoria de...

Ampliación do prazo da convocatoria de axudas a empresas e autónomos situados en zonas illadas do rural galego para a dotación do servizo de banda larga ultrarrápida

Mércores 19 de abril do 2017

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) amplía o prazo da primeira convocatoria de axudas dirixidas a empresas e autónomos situados en zonas illadas do rural galego para a dotación do servizo de banda larga ultrarrápida. Os/as interesados/as poderán realizar a súa solicitude ata o 11 de maio.

O programa de subvencións está enmarcado no Plan de Banda Larga 2020, aprobado pola Xunta de Galicia a finais de 2015, e conta cun orzamento de 500.000 euros que poderá ampliarse ata un máximo de 1 millón de euros en función da demanda. A contía de subvención será de ata o 100% dos custos das tarefas necesarias para dotar de banda larga ultrarrápida a empresa, cun máximo de 20.000€ por beneficiario. O IVE non será subvencionable, así como tampouco o será a tarifa mensual do servizo contratado de 30Mbps ou máis que deberá asumir a empresa ou autónomo que solicite a axuda.

Para máis información sobre a normativa e o procedemento de solicitude da convocatoria (PR604A) prema na seguinte ligazón: http://amtega.xunta.gal/axudas-e-subvencion

Descargas

Compartir: