Inicio Carballo ao día Novas O Concello de Carballo puxo en marcha nos...

O Concello de Carballo puxo en marcha nos últimos 15 días o proceso de contratación de obras por dous millóns de euros

A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe os expedientes da pista de skate, a rede de saneamento de Vilar de Cidre, a reurbanización da rúa sol e as melloras das instalacións hidráulicas

Luns 6 de novembro do 2017

Rúa Sol

Rúa Sol

O Concello de Carballo puxo en marcha nas dúas últimas reunións da Xunta de Goberno Local, celebradas o 23 de outubro e hoxe, o proceso de contratación de obras e subministros por dous millóns de euros. Na de hoxe, en concreto, aprobáronse os expedientes relativos á instalación deportiva para skate-praza na contorna da Biblioteca Rego da Balsa por 194.831,53 euros, a rede de saneamento en Vilar de Cidre (Razo), por 216.555,18 euros; a reurbanización da rúa Sol, por 365.061,31 euros, a as melloras das instalacións electromecánicas da ETAP e das EDAR de Carballo e Razo, por 258.616,34 euros.

A pista de skate situarase xunto á Biblioteca Rego da Balsa

A pista de skate situarase xunto á Biblioteca Rego da Balsa

En total, a Xunta de Goberno Local iniciou hoxe o procedemento de contratación de obras e servizos por 1.035.064,36 euros, que se suman aos 954.558,67 da sesión anterior para o aglomerado de vías estruturantes nas parroquias de Lema, Noicela, Rebordelos e Aldunde (336.767,72 euros), a rede de saneamento dos lugares de A Redonda, A Igrexa, O Piñeiro e Outeiriños (Entrecruces), por 254.009,10, e a mellora da mobilidade no ámbito do CEIP A Cristina, por 343.781,85 euros.

Tamén foi aprobada onte a participación do Concello de Carballo na organización da proba deportiva escolar de campo a través, que se disputará o 24 este mes, xunto coa Secretaría Xeral para o Deporte e a Federación Galega de Atletismo. Cuestións urbanísticas e facturas por importe de 20.348,68 euros completaron a sesión.

Compartir: