Inicio Carballo ao día Avisos Aberto o prazo para participar no programa de...

Aberto o prazo para participar no programa de termalismo social do Imserso

Mércores 29 de novembro do 2017

O Imserso convoca 208.500 prazas para participar no programa de termalismo social do 2018. As quendas, que poderán ter unha duración de 12 días (once pernoctacións) ou de 10 días (nove pernoctacións), realizaranse en réxime de pensión completa e comprenderán desde as 12.00 horas do día de chegada ata as 12.00 horas do día de salida. O programa desenvolverase entre o mes de febreiro e o mes de decembro de 2018.

As persoas interesadas poden consultar a convocatoria completa no documento adxunto e/ou solicitar máis información no departamento de servizos sociais (edificio do antigo ambulatorio) na Praza Médico Mariño.

Ligazóns

Compartir: