Inicio Carballo ao día Avisos Convocatoria de curso presencial de nivel Celga 3...

Convocatoria de curso presencial de nivel Celga 3 en Carballo preparatorio para as probas de lingua galega en 2018

Mércores 7 de febreiro do 2018

A Xunta de Galicia organizará este ano un curso presencial de nivel Celga 3, que se celebrará do 3 de abril ao 23 de maio no IES Parga Pondal. O horario será, de luns a xoves, de 18.30 a 21.00. Ademais están convocados cursos en liña dos niveis Celga 1 e Celga 4 que se desenvolverán do 3 de abril ao 24 de maio.

Información útil para todos os cursos

Para máis información destes cursos na Xunta de Galicia: www.lingua.gal | 981 184 898 ou 881 996 328 | sxpl.formacion@xunta.gal

Compartir: