Inicio Carballo ao día Avisos Consulta as listaxes de nenos/as admitidos/as e...

Consulta as listaxes de nenos/as admitidos/as e de agarda nos Campamentos Deportivos da Deputación

Martes 19 de xuño do 2018

Tal como estaba previsto, o luns 18 de xuño celebrouse o sorteo público entre todos/as os/as inscritos/as para participar nos Campamentos Deportivos de Verán da Deputación Provincial da Coruña, xa que o número de solicitudes foi superior ao de prazas. As listaxes de admitidos/as e de agarda poden consultarse no documento adxunto.

Os nenos e as nenas que obtiveron praza deben formalizar agora a súa inscrición entregando nas oficinas de Carballo Deporte (rúa Vila de Corcubión) a seguinte documentacion:

  • Ficha de inscrición debidamente cuberta e asinada polos pais ou titores do/a solicitante.
  • Unha foto tipo carné
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria
  • Fotocopia do libro de familia ou carné de identidade
  • Copia de aboamento da cota de inscrición
  • No suposto de que o/a neno/a necesite un tratamento específico ou teña unha doenza que se deba ter en conta deberá achegarse xustificante médico asindo polo facultativo pertinente. É importante tamén facer constar as alerxias alimentarias ou de calquera outro tipo.

Descargas

Compartir: