A Fase local de campo a través reuniu nas Eiroas a 873 nenos e nenas de toda a comarca
Os mellores equipos e atletas participarán en xaneiro no campionato intercomarcal, que se disputará na Coruña
Venres 30 de novembro do 2018 Deporte
A proba reuniu a deportistas de 11 colexios da zona
873 rapaces e rapazas de 11 colexios da comarca disputaron esta mañá no campo das Eiroas a Fase local de a campo través do programa Xogade, cita organizada por la Secretaría Xeral para o Deporte, o Concello de Carballo e a Federación Galega de Atletismo.
O CEIP Fogar carballés foi o que más prazas de podio acadou (5), seguido polo CPI Alcalde Xosé Pichel (Coristanco, 4), o CEIP Otero Pedrayo (A Laracha, 3), o CEIP A Cristina (Carballo, 2), o CEIP Bergantiños (Carballo, 2), o CEIP Gándara-Sofán (Carballo, 1) e Agualada (Coristanco, 1).
Por categorías, os mellores foron:
- Benxamín feminina: 1ª Sabela Villar (Coristanco), 2ª Alba López (Bergantiños) e 3ª Rebeca Carracedo (Bergantiños).
- Benxamín masculina: 1° Iván Porteiro (Agolada), 2° Adrián de Jesús (Sofán) e 3° Tirso Ramos (A Cristina).
- Alevín feminina: 1ª Sarai Puga (Coristanco), 2ª Arancha Lorenzo (Fogar) e 3ª Irene Arcay (A Laracha).
- Alevín masculina: 1° Guillermo Pastoriza (A Cristina), 2° Martín Souto (Fogar) e 3° Mauro Regueira (A Laracha).
- Infantil feminina: 1ª Sara Méndez (Fogar), 2ª Sara Padín (Fogar) e 3ª Uxía Freire (Fogar).
- Infantil masculina: 1° Julen Rodríguez (A Laracha), 2° Anxo Bello (Coristanco) e 3° Iván Golán (Coristanco).
Evencio Ferrero, Marcos Trigo e Baldomero Castiñeiras entregaron as medallas
Entregaron as medallas aos tres primeiros de cada categoría o alcalde, Evencio Ferrero; o concelleiro de Deporte, Marcos Trigo, e Baldomero Castiñeiras, do Servizo Provincial de Deportes en A Coruña.
Para o Campionato Intercomarcal, que se celebrará o 26 de xaneiro de 2019 no parque dos Menhíres (A Coruña) clasificáronse os dous mellores equipos e os/as oito primeiros/as atletas de cada grupo de idade.
Co programa Xogade, a Xunta, o Concello e a Federación queren fomentar unha práctica deportiva, educativa e saudable, difundir os valores da competición dende unha perspectiva máis regrada, e facilitar a práctica nunha modalidade de gran tradición histórica en Galicia.