Inicio Carballo ao día Hemeroteca Asinados os contratos para a execución das...

Asinados os contratos para a execución das obras de aglomerado das vías Mirón-DP 1902, Bolón-A Gándara e A Ponte-O Moucho

O Concello de Carballo investirá un total de 326.117 euros

Mércores 19 de decembro do 2018 Carballo ao día

A sinatura do contrato tivo lugar na Alcaldía

A sinatura do contrato tivo lugar na Alcaldía

O alcalde, Evencio Ferrero, asinou coa empresa Lancer Proyectos y Obras os contratos correspondentes ás obras de aglomerado das vías de Mirón (Bértoa) á DP 1902 (Carballo-Razo), por un importe de 93.890,95 euros; de Bolón á Gándara (Sofán), por 78.087,60 euros, e da Ponte de Bértoa a O Moucho (Berdillo), por 154.138,51 euros. En total, 326.117 euros que permitirán acometer tres importantes proxectos solicitados pola veciñanza a través dos consellos parroquiais. 

A empresa adxudicataria disporá de 1 mes de prazo para levar a cabo os traballos a partir da sinatura da acta de comprobación de replanteo.

Dentro do plan de aglomerados que está a acometer o Concello de Carballo tamén se inclúe a vía do Igrexario de Lema ata A Vixía, cun orzamento de 199.948,76 euros, que está pendente de adxudicar. Tanto esta coma as anteriores son financiadas con cargo ao Plan Único POS+ 2018 da Deputación da Coruña.

Compartir: