Inicio Carballo ao día Avisos Datas de peche das instalacións deportivas...

Datas de peche das instalacións deportivas municipais durante o Nadal

Xoves 20 de decembro do 2018

Os complexos deportivos Vila de Noia e Carballo Calero (piscinas, pavillóns e salas de fitness) e os campos de fútbol As Eiroas, O Carral e As Pedreiras estarán pechados, con motivo das festas de Nadal, os seguintes días: luns 24 de decembro, martes 25, luns 31, martes 1 de xaneiro e domingo 6 todo o día, e o sábado 5 de xaneiro pola tarde.

O resto dos días todas as instalacións estarán abertas nos seus horarios habituais.

Así mesmo, as oficinas de Carballo Deporte estarán abertas só en horario de mañá durante o período vacacional de Nadal.

Compartir: