CONSULTA AQUÍ OS NOVOS HORARIOS DAS PISCINAS E SALAS FITNESS
A Concellaría de Deporte adapta os servizos ás novas restricións establecidas pola Xunta de Galicia ante o avance da COVID-19
Venres 15 de xaneiro do 2021 Deporte
A Concellaría de Deporte adapta os horarios das instalacións deportivas municipais e a carta de servizos deportivos ás novas restricións establecidas pola Xunta de Galicia para o noso concello. Para dar cumprimento ás medidas de prevención da COVID-19 vixentes, o Concello de Carballo vén de adoptar as seguintes decisións:
- Establecer o peche nocturno das instalacións deportivas municipais ás 21:45 horas.
- Readaptar as actividades “Escola de natación 2020/21”e “Aquagym” mediante a creación de grupos de catro alumnos.
- Adaptar metodoloxicamente as actividades “Ximnasia de Mantemento” e “Natación Adultos” e transformalas en adestramento ou actividade deportiva individual con supervisión de monitor. As características da actividade serán as seguintes:
- Os usuarios e usuarias terán reservado un espazo específico preferente sobre os usuarios de acceso libre para executar a prescripción de exercicio.
- A actividade será individual.
- O monitor prescribirá exercicio individualizado adaptado ás características de cada participante, que se irá readaptando conforme os seus progresos.
- O monitor realizará correccións e indicacións de xeito individual para cada participante.
- Pechar o vaso recreativo sito na Piscina Municipal Vila de Noia