Inicio Carballo ao día Avisos A AECC organiza charlas online dirixidas a...

A AECC organiza charlas online dirixidas a pacientes oncolóxicos e ás súas familias

Xoves 4 de marzo do 2021

A Asociación Española contra o Cancro está a organizar unha serie de charlas online dirixidas a pacientes oncolóxicos e ás súas familias, que poden participar de balde. Este é o programa:

  • 8 de marzo (de 16:30 a 17:30 horas): taller de imaxe persoal, con María Macías, asesora de imaxe.
  • 29 de marzo (16:30 a 17:30 horas): taller de sexualidade e cancro, con Martina González Veiga, psicóloga sanitaria, sexóloga e terapeuta de parella. Directora do centro Con Mucho Gusto en Santiago.
As persoas interesadas en participar teñen que ponerse en contacto coa sede provincial da AECC a través do teléfono 981 142 740 ou a través do correo electrónico lacoruna@aecc.es.

Compartir: