Inicio Carballo ao día Avisos Desvío de tráfico recomendado...

Desvío de tráfico recomendado debido ás obras na estrada Carballo-Razo

Xoves 29 de xullo do 2021

Con motivo das obras do proxecto Cicl-Ando Carballo que se están a levar a cabo na estrada de Razo, en concreto na zona do colexio Artai, a Policía Local recomenda aos automobilistas que utilicen a avenida dos Abetos como alternativa á estrada provincial. As obras obrigan a manter un carril da vía principal cortado á circulación, e, aínda que o tráfico está regulado mediante semáforos, en determinados momentos do día, coincidindo coas horas punta das viaxes de ida e volta á praia, poden producirse retencións.

A situación manterase, en principio, ata finais da semana que vén. Desculpade as molestias.

Compartir: