Inicio Carballo ao día Hemeroteca Clases preparatorias para as probas Celga 2, 3 e 4

Clases preparatorias para as probas Celga 2, 3 e 4

Mércores 20 de setembro do 2023 Lingua

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Carballo ofértalle á cidadanía a posibilidade de preparar as probas Celga 2, 3 e 4 participando nunhas clases que se impartirán todos os xoves desde o 28 de setembro ata finais de novembro, en horario de 19.30 h a 21.30 h na Escola de Arrabaldes. As clases terán un mínimo de 10 persoas.

Todas as persoas interesadas pódense inscribir ata o 27 de setembro mandando un correo co nome e apelidos e número de teléfono a snl@carballo.gal.

Compartir: