Inicio Carballo ao día Novas A corporación municipal aproba no primeiro...

A corporación municipal aproba no primeiro pleno do 2024 o orzamento máis elevado da historia do Concello de Carballo

A proposta do goberno saíu adiante con 13 votos a favor, 5 en contra e 2 abstencións

Martes 9 de xaneiro do 2024

Belén Lendoiro presentou as grandes cifras do orzamento

Belén Lendoiro presentou as grandes cifras do orzamento

A corporación municipal aprobou no primeiro pleno do ano o orzamento máis elevado da historia do Concello de Carballo: 31.539.516,80 euros. A proposta do goberno saíu adiante con 13 votos a favor (BNG), 5 en contra (PP) e 2 abstencións (PSOE).

A concelleira de Facenda, Belén Lendoiro, presentou nos primeiros dez minutos as grandes cifras do orzamento, que é tamén o primeiro do mandato. O debate ocupou a práctica totalidade dos 105 minutos que durou a sesión, xa que o primeiro punto, o cadro de persoal do Concello de Carballo para este exercicio, foi aprobado por unanimidade.

O cadro de persoal está integrado por 153 prazas de funcionarios/as e 117 de persoal laboral, das cales están vacantes 78 e 90, respectivamente. Para este ano está prevista a creación de tres prazas de funcionarios/as da Policía Local, unha de técnico/a medio/a de urbanismo, unha de técnico/a de información turística e unha de auxiliar administrativo (por xubilación da persoa titular). Así mesmo, no cadro de persoal laboral fixo discontinuo incorpóranse unha praza de auxiliar da Policía Local, 28 de socorrista e catro de coordinador/a socorrista, e como persoal laboral fixo a tempo parcial créanse 15 prazas de profesorado do Conservatorio Municipal de Música.

Compartir: